EXPOSICIÓN ARTCYCLING LIXO MARIÑO

EXPOSICIÓN ARTCYCLING LIXO MARIÑO

 

EXPOSICIÓN ARTCYCLING CO LIXO MARIÑO

No marco do proxecto conxunto de recollida de lixo mariño, das Confrarías de Muros e O Pindo, financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), tendo como obxectivo a sensibilización, concienciación e divulgación sobre o impacto ambiental do lixo mariño, así como iniciar labores de retirada do mesmo, realizarase unha exposición na antiga fábrica conserveira de Sel, situada na rúa Porteliña.

Dita exposición permanecerá aberta ó público os meses de xuño e xullo. Nela estará exposto material artístico elaborado con lixo mariño procedente dos bancos marisqueiros de autorización da Confraría de pescadores de Muros, recollido e seleccionado pola Agrupación de mariscadoras/es da Confraría. A elaboración das diferentes pezas corre a conta da Asociación ecoloxista “Mar de Fábula”.

Con está exposición preténdese cubrir unha das líenas de actuación do proxecto, encamiñada a mellorar a concienciación ambiental, formación e colaboración entre os axentes marítimo-pesqueiros, mediante a elaboración de materiais de divulgación.

A exposición poderá ser visitada en horario de mañá, previa cita concertada ca Confraría de pescadores de Muros por teléfono (981826143), trátase de unha visita guiada, no que aparte de observar as diferentes pezas, impartiranse diferentes explicacións.

A duración da mesma será de aproximadamente media hora, e o número de alumnos máximo por visita e de aproximadamente trinta.

No mesmo día poderanse organizar varios grupos . Esperamos que sexa do seu interese.

Atentamente,

Asdo: Manuel Daniel Formoso Moledo.- PATRÓN MAIOR.