Resolución da Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña pola que se publica a lista provisional de puntuacións das embarcacións admitidas ao proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de navalla/longueirón ao abeiro do plan de xestión para o recurso específico Solénidos, modalidade mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da Confraría de pescadores de Muros, e as embarcacións excluídas do proceso.
RESOLVE:
1º. Facer publica a lista provisional de puntuacións das embarcacións admitidas neste proceso selectivo para acceder á modalidade navalla/longueirón no permiso de explotación, ao abeiro do plan de xestión para o recurso específico Solénidos,
modalidade mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da confraría de pescadores de Muros (anexo I).
Contra a relación provisional de puntuacións acadadas, as persoas interesadas poderán presentar alegacións ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación.
2º. Facer pública a lista definitiva das embarcacións excluídas, así como as causas da súa exclusión (anexo II).
As embarcacións e persoas excluídas poderán presentar contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, un recurso de alzada ante a Conselleira do Mar no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co establecido nos artigos 30, 121 e 122 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
3º. A presente resolución publicarase no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial da Coruña, no taboleiro de anuncios da Xefatura Comarcal de Ribeira e na páxina web http://mar.xunta.gal/. A resolución tamén se exporá, con carácter informativo, no taboleiro de anuncios da confraría de pescadores de Muros.