RESOLUCIÓN DA XEFA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE DE PERSOAS ASPIRANTES SELECCIONADAS NO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN NA MODALIDADE DE MARISQUEO A PÉ PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS E SE ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.
RESOLVO:
1. Facer público a listaxe definitiva das persoas que superaron o proceso selectivo e as que non o superaron, para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo xeral a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.
2. As persoas seleccionadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución, para achegar a documentación que figura na base 3.2 do anexo A da convocatoria:
a) Certificado de estar empadroada nun municipio do litoral de Galicia. Esta documentación non será necesaria que se presente no caso de consentimento expreso da persoa para comprobar os datos de residencia mediante consulta ao sistema de verificación de datos de acordo co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009.
b) Certificado da Seguridade Social de non ser perceptora de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia. As persoas perceptoras da renda de integración social deberán renunciar a ela. Non será necesario en caso de autorización á Consellería do Mar para a consulta destes datos.
c) Documentación acreditativa de non estar incapacitada para exercer os labores de marisqueo.
d) Dúas fotografías de tamaño carné actuais e iguais, co seu nome escrito por detrás. As persoas que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados, entenderase que desisten da súa solicitude. Neste suposto, emitirase unha nova resolución modificando esta, consonte aos prazos e forma recollidos nos parágrafos anteriores, declarando vacante a praza correspondente, polo desistimento da persoa que non presentou a documentación ou carece dos requisitos.
As persoas que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados, entenderase que desisten da súa solicitude. Neste suposto, emitirase unha nova resolución modificando esta, consonte aos prazos e forma recollidos nos parágrafos anteriores, declarando vacante a praza correspondente, polo desistimento da persoa que non presentou a documentación ou carece dos requisitos.
Neste suposto, emitirase unha nova resolución modificando esta, consonte aos prazos e forma recollidos nos parágrafos anteriores, declarando vacante a praza correspondente, polo desistimento da persoa que non presentou a documentación ou carece dos requisitos.