XANTAR FIN DE CAMPAÑA D@S MARISCADOR@S DE A PÉ

XANTAR FIN DE CAMPAÑA D@S MARISCADOR@S DE A PÉ

 

XANTAR FIN DE CAMPAÑA D@S MARISCADOR@S DE A PÉ

A Agrupación de Mariscadores/as de a Pé da confraría de pescadores de Muros presidida por Adela Lestón Mayo, organizou como ven sendo habitual todos os anos este pasado sábado día 16 de setembro, a tradicional xuntanza anual “FIN DE CAMPAÑA”, coa celebración dun xantar en Casa Jurjo, onde participan, a máis dos profesionais da confraría de Muros, os compañeiros e compañeiras da confraría de Noia que este ano tiveron a oportunidade de mariscar nas nosas autorizacións.

Durante a sobremesa procedeuse a celebración dun acto moi emotivo, no cal se rendeu homenaxe as profesionais que se xubilaron neste ano, facéndolles entrega por parte das autoridades presentes dun recordo deste acto a cada unha delas.

Ademais de Patrón Maior Daniel Formoso e a Presidente da Agrupación Adela Lestón, tivemos a honra de contar coa participación do Conselleiro do Mar Alfonso Villares, da ex-conselleira e Deputada Nacional Rosa Quintana, da Directora Xeral de Desenvolvemento Susana Rodríguez, da Subdirectora Montse Castro e da Xefa Territorial María Cancelo, que departiron con todos os presentes amigablemente e en confraternidade.

Cabe resaltar tamén o recoñecemento e cariño recibido por parte da ex-conselleira Rosa Quintana por parte de todos os asistentes, e a emoción que xurdiu cando tomou a palabra para dirixirse os/as profesionais e despedirse da súa actividade na Consellería do Mar.

O compañeirismo e a diversión e ledicia estivo presente durante toda a xornada, non en van, este é o motivo fundamental da celebración desta xantar de confraternización, salvo para aljunhas, contadiñas, que non están a iso............unha pena!