XORNADAS DE LIMPEZA DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS
DATAS: 26 e 28 de xaneiro de 2022
O obxecto deste estudo é demostrar o acumulo de lixo mariño en praias onde están situados bancos marisqueiros localizados na banda norte da ría de Muros e Noia, xestionados pola confraría de pescadores de Muros.
Estas zonas encóntranse en areas urbanas rurais, cunha densidade de poboación media e con escasa ou nula actividade industrial. A actividade agrícola e tamén baixa.
Todas as zonas están atravesadas por ríos de caudal entre pequeno e medio, pero moi variable cas chuvias. Estes ríos son curtos pola proximidade do seu nacemento a súa desembocadura pero torrenciais con correntes moi rápidas e forte capacidade erosiva e de transporte, sobre todo nos seus cursos alto e medios, pese a todo non soen arrastrar gran cantidade de residuos xa que as súas concas atravesan zonas rurais pero non agrícolas e so en épocas de grandes enchentes a cantidade de restos naturais é importante.
Nas inmediacións das zonas estudadas encontramos o principal porto da ría, o porto de Muros, porto eminentemente pesqueiro e sen actividade de transporte de mercadorías. Tamén contamos cun porto secundario como é o de Esteiro, porto con escasa actividade excepto en certas épocas do ano no que se converte no principal punto de venda de bivalvos.
A actividade industrial na zona de estudo e escasa, certamente residual, destacamos a presenza nas inmediacións do banco de Abelleira dunha depuradora de mariscos de gran tamaño.
A maior parte do lixo e depositado nas praias é pola acción do mar e do vento, estas praias pola súa situación e orientación respecto aos ventos predominantes son propicias para acumular residuos mariños.