“Proxecto de protección, xestión e recuperación dos recursos mariños”

“Proxecto de protección, xestión e recuperación dos recursos mariños”

 

NOTIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN DE AXUDA

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, por delegación da conselleira do Mar, ditou resolución no procedemento PE209C 2021, ao abeiro da ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).

RESOLVO

CONCEDER unha axuda, financiada polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, á entidade e cos detalles que se indican á continuación:

IMPORTE TOTAL CONCEDIDO: 188.928,13 €

Anualidade 2021 Anualidade 2022 Anualidade 2023

48.546,13 € 93.588,00 € 46.794,00 €

Importe público FEMP (75 %)

141.696,1 €

Importe público CA (25%)

47.232,03 €

Importe privado (0%)

0,00 €