RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONVOCATORIA DE AXUDAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA
Expediente: PE209C-2020F-018
Ao abeiro da ORDE de 23 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental, a Conselleira do Mar,
RESOLVO
CONCEDER unha axuda, financiada polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, á entidade e cos detalles que se indican á continuación
Importe privado: 0.00 |
Importe público CA (25%): 20.500,50 EUR |
61.501,50 EUR |
Importe público FEMP (75%): |
75% |
82.002,00 EUR |
de |
40.440,00 EUR |
Anualidade 2021: Porcentaxe cofinanciación |
Anualidade 2020: 41.562,00 EUR |
82.002,00 EUR |
Importe total concedido: Importe subvencionable: |
Provincia: A Coruña |
Muros |
Ubicación: |
“Proxecto integral de xestión sustentable e conservación e protección das zonas de pesca e de produción marisqueira” |
Denominación proxecto: |
Nif: G15038508 |
Confraría de pescadores de Muros |
Entidade beneficiaria: |
Proxecto colectivo |
PE209C-2020F-018 |
Expediente: |
ITI (Contribúe aos obxectivos da ITI Azul para o desenvolvemento da estratexia Atlántica por recibir contribución do FEMP polo/s seguinte/s artigo/s: Art. 40.1.c) e Art. 40.1.i) do Regulamento (UE) 508/2014 do FEMP
Obxecto da operación:
a) Elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños vivos. Avaliación do estado de conservación e da biodiversidade, nos paraxes de Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de
importancia para os organismos mariños.
- Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños. Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras. Seguimento e vixilancia dos hábitats e das especies. Cartografado da actividade extractiva realizada polos socios da entidade. Seguimento de indicadores de abundancia, da composición específica das capturas e da súa estrutura de tamaños.
- Formación dos pescadores- as orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven.
- Aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos pescadores-as, podendo incluír campañas de divulgación.
- Contribución á vixilancia epidemiolóxica: envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
- Operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, que se levarán a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca.