ACCIÓN FORMATIVA: MARIÑEIRO PESCADOR

Enviado por COFRADIA PORTO… o Mér, 22/01/2025 - 14:44
MARIÑEIRO PESCADOR DO 10 AO 22 DE MARZO DE 2025

INFORMACIÓN:

O prazo de inscrición é dende hoxe 22-01-2025 ate o próximo 18-02-2025

As inscricións faranse nas oficinas da Confraría entregando copia do DNI en vigor e cubrindo os documentos de solicitude e poder de representación da Confraría.

IMPORTANTE:

  • O curso é totalmente gratuíto. Ten unha taxa de 19,37€ en concepto de "proba de aptitude para a obtención do certificado de mariñeiro pescador".

  • As persoas inscritas declaran ter coñecementos en lecto-escritura en galego ou castelán para facer o exame.

  • As persoas admitidas ao curso farán unha proba de natación obrigatoria, debendo declarar que posúen as condicións físicas óptimas (nadar un largo de piscina). Durante a proba de natación na Piscina, é obrigatorio o uso de gorro e chanclas

Dende o 18-02-2025 ate o 28-02-2025 formalizarase a matrícula  das persoas admitidas ao curso mediante o abono da taxa administrativa.