Sargo

O sargo é un peixe de corpo ovalado, comprimido polos lados e unha boca pequena. A súa cor é gris prateada, con liñas estreitas verticais. No rabo loce unha gran mancha negra. Pode chegar a medir ata 45 centímetros, aínda que o normal son os 20 ou 25. Acada a madurez sexual ao chegar aos dous anos (17 centímetros) e a súa reprodución vai dos meses de xaneiro a marzo.

Imagen especie
Tipo especie
Nombre latin
Diplodus sargus
Enlace url
https://www.pescadegalicia.gal/gl/guia-especies/detalle/SWA