![Sesión Formativa Lixo Mariño 2024](/vilaboa/sites/default/files/styles/medium/public/Cartel%20Mar%20Limpo%20Vilaboa%202024%20xornada%20webmin.png?itok=zVS2aGCA)
O vindeiro luns 09 de decembro na casa da cultura de Riomaior en horario de 18 a 20 horas, desenvolverase unha sesión formativa no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
Presentaranse recomendacións para facer unha correcta separación e reciclaxe do lixo para acadar os obxectivos da reutilización e contribuír á diminución de lixo ao mar.
Mostraranse exemplos de obxectos que poden aparecer nas limpezas das praias e que poden resultar curiosos ou descoñecidos para as mariscadoras e daranse indicacións dos lugares de depósito a onde se deben dirixir. Ademais incidirase na importancia de respectar os animais mariños que poden ir adheridos aos restos recollidos na praia.
Por último daranse recomendacións para realizar unha correcta e respectuosa recollida das algas de arribazón das praias polos impactos que pode ocasionar.