Proxectos

No mes de febreiro levouse a cabo unha limpeza de lixo mariño nas zonas de Ostral e Calera na que participaron 36 mariscadoras e recolléronse un total de 1.222,30 quilos de lixo dos que case o 45% pertencían á categoría de plástico. O vidro/cerámica foi tamén un material moi atopado nestas zonas representando o 27% da totalidade de lixo recollido, sumando ambas categorías un 70% da totalidade.
En canto ao número de obxectos recollidos, contabilizáronse 7.014 pezas que pertencían maioritariamente ás categorías de plástico e vidro/cerámica en porcentaxes moi similares, cun 46% e 40% cada unha, superando así o 85% da totalidade de ítems recollidos. Na gráfica ponse de manifesto esta prevalencia.

Na última limpeza de lixo do mes de xaneiro realizada nas zonas de A Loxe e Recta de San Adrián participaron 37 mariscadoras e recolléronse un total de 1.155,20 quilos de lixo dos que case o 50% pertencían á categoría de vidro/cerámica. O plástico foi tamén un material moi atopado nestas zonas representando o 22% da totalidade de lixo recollido.
En canto ao número de obxectos recollidos, contabilizáronse 6.392 pezas que en máis do 50% pertencían á categoría de vidro e cerámica. Tamén foi significativa a porcentaxe de obxectos de plástico recollidos que xunto cos de vidro representaron máis do 90% da totalidade de ítems recollidos. Na gráfica ponse de manifesto esta prevalencia.

O pasado 17 de xaneiro realizouse unha retirada de lixo mariño nas zonas de Cunchido, Deilán, Covas e Punta Cabalo, no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
O pasado 17 de xaneiro realizouse unha retirada de lixo mariño nas zonas de Cunchido, Deilán, Covas e Punta Cabalo, no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
O pasado 17 de xaneiro realizouse unha retirada de lixo mariño nas zonas de Cunchido, Deilán, Covas e Punta Cabalo, no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
Nesta limpeza participaron 37 mariscadoras e recolléronse un total de 568,60 quilos de lixo, principalmente das categorías de plástico e de vidro/cerámica que representaron entre ambas máis do 60% da totalidade de lixo recollido. O número de ítems (obxectos) recollidos foi de 3.647 coas mesmas categorías dominantes pero cunha porcentaxe moi superior con respecto ás outras categorías, xa que entre ambas acadaron máis do 90% da totalidade de ítems recollidos. A gráfica amosa esta representatividade.

O luns 09 de decembro na casa da cultura de Riomaior en horario de 18 a 20 horas, levouse a cabo unha sesión formativa no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
Nesta actividade formativa participaron 48 persoas que aprenderon a correcta separación do lixo identificando en que contedor se deposita segundo a súa tipoloxía, coñeceron novos obxectos que poden aparecer nas limpezas das praias así como aqueles seres mariños que poden atoparse nos restos que se recollen nas limpezas.
Por último presentáronse recomendacións para realizar de forma correcta a recollida das algas de arribazón nas praias para evitar impactos non desexados.

O pasado 28 de novembro levouse a cabo a primeira retirada de lixo mariño na zona de Riomaior e A Loxe, no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
Nesta limpeza participaron 38 mariscadoras e recolléronse un total de 369,35 quilos de lixo, principalmente das categorías de vidro/cerámica cun 58% do total e plástico cun 30% do total. O número de items (obxectos) recollidos foi de 6.074 coas mesmas categorías dominantes pero a porcentaxe foi maior no caso do plástico cun 82% que de vidro/cerámica que representou un 16%.
Na xornada do 30 de novembro as mariscadoras realizaron unha recollida de algas de arribazón na que se contabilizaron un total de 6.580 quilos. Participaron os mesmo número de mariscadoras que na xornada de limpeza.

TÍTULO: RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2024
BENEFICIARIO: CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILABOA PEDRA DA OLIVEIRA
DESCRICIÓN: Retirada de residuos mariños e algas de arribazón acumulados na zona intermareal, con afeccións directas tanto nas poboacións de bivalvos de interese comercial como no resto dos organismos mariños.
OBXECTIVO: Protexer e recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector produtor.
RESULTADOS: Reducir os residuos mariños no intermareal de Vilaboa, ademais de contribuír ó aprendizaxe do sector pesqueiro e marisqueiro no manexo, de forma habitual, dunhas boas prácticas que axuden á pro-tección do seu medio fundamental de vida.
IMPORTE: 60.046,44 euros
Proxecto cofinanciado nun 70 % polo FEMPA

O vindeiro luns 09 de decembro na casa da cultura de Riomaior en horario de 18 a 20 horas, desenvolverase unha sesión formativa no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
Presentaranse recomendacións para facer unha correcta separación e reciclaxe do lixo para acadar os obxectivos da reutilización e contribuír á diminución de lixo ao mar.
Mostraranse exemplos de obxectos que poden aparecer nas limpezas das praias e que poden resultar curiosos ou descoñecidos para as mariscadoras e daranse indicacións dos lugares de depósito a onde se deben dirixir. Ademais incidirase na importancia de respectar os animais mariños que poden ir adheridos aos restos recollidos na praia.
Por último daranse recomendacións para realizar unha correcta e respectuosa recollida das algas de arribazón das praias polos impactos que pode ocasionar.

A actuación realizada consistiu na adquisición dun contedor de xeo, complemento necesario para a máquina de producción de xeo en escamas.
Os obxectivos acadados son o mantemento da frescura dos produtos da pesca e a seguridade da rastrexabilidade da cadea de produción.
Os resultados conseguidos con esta adquisición son atender á demanda dos socios da entidade e contribuír ó cumprimento das normas hixiénico- sanitarias da comercialización dos produtos da pesca
BENEFICIARIO
CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILABOA PEDRA DA OLIVEIRA
DESCRICIÓN
DESENVOLVEMENTO DE MEDIDAS DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS HÁBITATS COSTEIROS.DE VILABOA
OBXECTIVO
PROTECCIÓN E CONTROL DOS BANCOS MARISQUEIROS XESTIONADOS POLA CONFRARÍA DE VILABOA, ADEMAIS DE CONTRIBUÍR A UNHA EXPLOTACIÓN SOSTIBLE, RESPONSABLE, EQUILIBRADA E COMPETITIVA.
IMPORTE TOTAL DO INVESTIMENTO: 60.472,93 EUROS
Actuación cofinanciada pola CCAA nun 30% e polo FEMPA nun 70%. Programa para España 2021-2027. Prioridade 1, O.E. 1.1. OIX: D.X. Desenvolvemento Pesqueiro