Enviado por
cofradia
o
Xov, 28/09/2023 - 17:43
Neste mes de setembro as mariscadoras e mariscadores da Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira realizan dúas xornadas de limpeza no marco do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023.
A primeira xornada realizouse o pasado 15 de setembro na zona de Ostral e a segunda terá lugar mañá 29 nos areais do peirao de San Adrián.
Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar
Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.