Rematado o PROXECTO RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023 presentamos os resultados máis destacados das limpezas realizadas no ano 2023, nas que se recolleron un total de 4.688,72 kgs de lixo nesta anualidade compostos na súa maioría de restos de vidro e cerámica atopados nos areais.
Así mesmo amosamos unha comparativa cos datos recollidos na anualidade 2022 que conformaron un total de 17.040,12 kgs de lixo recollido no que o principal compoñente foi o vidro e a cerámica xunto co plástico que acadan o 70% da totalidade de lixo recollido.
BÓTALLE MAN AO LIXO
Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar
Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.