NOVA XORNADA DE LIMPEZA. PROXECTO RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023

Enviado por cofradia o Mér, 23/08/2023 - 13:39

O pasado 18 de agosto as mariscadoras e mariscadores da Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira realizaron unha nova xornada de limpeza no marco do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023 nos areais da recta de San Adrián. O lixo recollido foi trasladado ata a praia de Deilán para o seu pesaxe e o traslado ata os puntos de depósito ou reciclaxe.

Nesta xornada tamén se filmaron imaxes para a elaboración do vídeo divulgativo do proxecto.

Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.