O pasado 28 de novembro levouse a cabo a primeira retirada de lixo mariño na zona de Riomaior e A Loxe, no marco do proxecto Recollida de Lixo Mariño 2024 da Confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.
Nesta limpeza participaron 38 mariscadoras e recolléronse un total de 369,35 quilos de lixo, principalmente das categorías de vidro/cerámica cun 58% do total e plástico cun 30% do total. O número de items (obxectos) recollidos foi de 6.074 coas mesmas categorías dominantes pero a porcentaxe foi maior no caso do plástico cun 82% que de vidro/cerámica que representou un 16%.
Na xornada do 30 de novembro as mariscadoras realizaron unha recollida de algas de arribazón na que se contabilizaron un total de 6.580 quilos. Participaron os mesmo número de mariscadoras que na xornada de limpeza.
Limpeza de lixo e recollida de algas
Enviado por
cofradia
o
Mar, 10/12/2024 - 17:57