Enviado por
cofradia
o
Xov, 17/08/2023 - 11:39
Na xornada de limpeza levada a cabo o pasado 04 de agosto na zona de Cabalo participaron 38 mariscadoras que recolleron 396 quilos de lixo nunha xornada de mañá.
O principal elemento atopado foi o plástico aínda que o maior peso recaeu nos elementos de vidro e cerámica.
Mañá venres 18 de agosto realizarase unha nova xornada de limpeza nos areais da Confraría de Vilaboa.
Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar
Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.