Proxectos

Nas xornadas de limpeza levada a cabo o pasado 15 e 29 de setembro na zona de Ostral e no peirao de San Adrián e Calera participaron 36 mariscadoras que recolleron un total de 2.208 quilos de lixo en dúas xornadas de mañá.

O principal lixo atopado foron elementos de vidro e cerámica que supuxeron máis do 60% do lixo recollido.

Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

Neste mes de setembro as mariscadoras e mariscadores da Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira realizan dúas xornadas de limpeza no marco do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023.

A primeira xornada realizouse o pasado 15 de setembro na zona de Ostral e a segunda terá lugar mañá 29 nos areais do peirao de San Adrián.

Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

O investimento realizado consiste nunha máquina produtora de xeo en escamas compacto, co obxectivo de mellorar os servizos prestados ós socios da entidade. O resultado acadado é o incremento da competitividade do sector pesqueiro, implementando un proxecto que asegura a calidade e rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca.

O investimento realizado consiste nun remolque de varada, necesario para as labores de mantemento das embarcacións do porto de Santa Cristina de Cobres, co obxectivo de mellorar  a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais, incrementando a competitividade do sector e asegurando unha actividade pesqueira e marisqueira máis sustentable e económicamente rendible.

O investimento realizado consiste nunha obra de acondicioamento das paredes da cámara de frío, situada na lonxa de Santa Cristina de Cobres, co obxectivo de modernizar as infraestructuras da lonxa, a través da mellora e o illamento da cámara de frío. O resultado é o incremento da competitividade do sector pesqueiro, implementando un proxecto que asegura a calidade e rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca.

O pasado 18 de agosto as mariscadoras e mariscadores da Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira realizaron unha nova xornada de limpeza no marco do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023 nos areais da recta de San Adrián. O lixo recollido foi trasladado ata a praia de Deilán para o seu pesaxe e o traslado ata os puntos de depósito ou reciclaxe.

Nesta xornada tamén se filmaron imaxes para a elaboración do vídeo divulgativo do proxecto.

Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

Na xornada de limpeza levada a cabo o pasado 04 de agosto na zona de Cabalo participaron 38 mariscadoras que recolleron 396 quilos de lixo nunha xornada de mañá.

O principal elemento atopado foi o plástico aínda que o maior peso recaeu nos elementos de vidro e cerámica.

Mañá venres 18 de agosto realizarase unha nova xornada de limpeza nos areais da Confraría de Vilaboa.

Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

O pasado mércores 09 de agosto levouse a cabo a charla formativa destinada ás/aos mariscadoras e mariscadores que participan nas limpezas activas.

Esta acción formativa ten por obxectivo concienciar ao sector pesqueiro implicado no proxecto da problemática dos residuos mariños e formar para dotalos de información e ferramentas á hora de realizar o seu traballo cumprindo unhas boas prácticas.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023 dentro do Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

O folleto informativo elaborado no proxecto Recollida de lixo mariño Vilaboa 2022 contén información sobre a problemática do lixo mariño, tipoloxía de residuos, a súa orixe, impactos, pautas e boas prácticas para reducir a chegada de lixo ao mar por parte do sector e da cidadanía en xeral.

Para visualizalo en formato CANVA aquí

No marco do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023, a Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira e as mariscadoras retoman as tarefas de limpeza iniciadas no ano 2022 co obxectivo de recuperar os areais e concienciar a toda a poboación da importancia do coidado do medio ambiente mariño.

A primeira limpeza terá lugar o vindeiro 04 de agosto a partires das 10:30h e todas as persoas que participan nesta actividade reuniranse en Cobas.