O pasado mércores 09 de agosto levouse a cabo a charla formativa destinada ás/aos mariscadoras e mariscadores que participan nas limpezas activas.
Esta acción formativa ten por obxectivo concienciar ao sector pesqueiro implicado no proxecto da problemática dos residuos mariños e formar para dotalos de información e ferramentas á hora de realizar o seu traballo cumprindo unhas boas prácticas.
Esta acción enmárcase dentro do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023 dentro do Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar
Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.