Enviado por
cofradia
o
Mar, 26/09/2023 - 12:13
O investimento realizado consiste nunha obra de acondicioamento das paredes da cámara de frío, situada na lonxa de Santa Cristina de Cobres, co obxectivo de modernizar as infraestructuras da lonxa, a través da mellora e o illamento da cámara de frío. O resultado é o incremento da competitividade do sector pesqueiro, implementando un proxecto que asegura a calidade e rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca.