Restauración do banco marisqueiro intermareal Rio do Medio

Enviado por Cofradia Arcade el Jue, 11/11/2021 - 09:19

Unha das etapas mais críticas da vida dos invertebrados bentónicos é o asentamento. Esa etapa pode non realizarse de non encontrarse o substrato axeitado. No intermareal de Arcade existen moitas zonas susceptibles de mellora nas que se podería incrementar a fixación. A actuación normalmente empregada para acadar ese fin é a remoción do substrato, pero experiencias previas indican que esta acción, ao menos realizada soamente unha vez, non resulta suficiente. O proxecto consiste na realización de 24 roturados nunha zona do banco marisqueiro intermareal de Rio do Medio (VI-186) para descompactar e modificar as características granulométricas do sedimento e analizar a viabilidade da actividade de enmenda do susbtrato como medida axeitada para recuperación de zonas. Para elo se tomaran mostras de sedimento cada 4 roturados e se realizara unha mostraxe na primavera do 2022 para comprobar se a fixación na zona roturada é superior á da zona limítrofe. Para a realización deste proxecto a Confraría conta cunha axuda do FEMP que financia a contratación dun patrón para a embarcación dende a que se realizan os roturados.

cartel.pdf (308.87 KB)