Avisos

,

A Universidade de Vigo esta realizando unha experiencia para analizar o comportamento das especies no litoral rochoso, co fin de obter información sobre o seu recrutamento e a diversidade no hábitat.

As zonas estudadas se atopan debaixo do Talaso (ao sur dos Cunchales) e por terra das Xangadas (zona das casetas). Nestas áreas quedaron colocados varios artefactos (sensores e discos de fixación) como os que se ven nas fotos.

Precisamos da vosa colaboración evitando traballar polas zonas concretas onde se sitúan os sensores e discos, para non alterar o seguimento.

GRAZAS!

Para continuar e potenciar o traballo que está a facer este grupo de investigadores é necesaria a colaboración de todos os usuarios do mar: pescadores profesionais e deportivos, traballadores das lonxas, persoal das confrarías, compradores de peixe, etc.