Novas
Aliméntate dun xeito saudable, cos produtos frescos de tempada máis representativos da nosa costa. Consume peixes e mariscos de proximidade, certificados por PescadeRías e coa ecoetiqueta Pescaenverde.
Os cabaliños de mar son especies incluídas no Listado Español de Especies Silvestres con Protección Especial. A información existente sobre o estado das súas poboacións salvaxes é moi limitada, polo que se procura a vosa colaboración no caso de avistamentos ou aparicións de exemplares mortos. Podedes poñervos en contacto coa confraría ou chamando ao teléfono 986231930 (preguntar por Miguel Planas, Jorge H. Urcera ou Sira Pereira). Xuntamos infografía co protocolo de actuación para cada caso. Podedes seguir os avances do proxecto en twitter (X): @Hippo_DEC
Grazas!
O PERÍODO DE VEDA ABRANGUERÁ DENDE O 19 DE MAIO ATA AS 05:00H DO 03 DE XULLO DE 2023
Xuntamos o programa cos contidos do evento
Unha nova resolución da Consellería do Mar aumenta ata finais de 2021 o período que pode excluírse para o computo de actividade para renovacións das habilitacións para o exercicio do marisqueo
A DXDP publica unha resolución que modifica o requisito de actividade extractiva suficiente (notas de venda) nos plans de xestión para a renovación das habilitacións para o exercicio do marisqueo.
O período comprendido entre o 01 de xaneiro e o 31 de maio de 2021 excluirase do cómputo para demostrar actividade extractiva suficiente nos plans en 2021.
Nos derradeiros meses a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pubicou resolucións que alteran os períodos para xustificar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión de 2020. Ditos cambios veñen motivados pola excepcionalidade xerada pola pandemia do COVID-19 ao longo deste ano 2020. Deste xeito, o período comprendido entre o 16 de marzo e o 31 de decembro desta anualidade excluirase do período de cálculo para demostrar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión.