Proxectos
A Consellería do Mar concedeulle a esta confraría unha axuda, financiada polo FEMPA, para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, cun prazo de execución dende o 01 de xullo de 2024 ao 30 de xuño de 2025, e un importe de 140.663,26€ (financiado nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola C.A.)
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu axudas para por un valor total de 27.683,64€ (20.000€ para adquirir unha furgoneta, e 7.683,64€ para gastos de persoal) ao abeiro das subvencións publicadas no BOPPO Nº 91, do 9 de maio de 2024, destinadas a investimentos e gastos correntes durante este exercicio.
A Consellería do Mar concedeulle a esta confraría unha axuda, financiada polo FEMPA, para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, cun prazo de execución dende o 01 de xullo de 2023 ao 30 de xuño de 2024, e un importe de 140.228,8€ (financiado nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola C.A.)
O XOVES 29, ÁS 13:00H, NO AULA DE FORMACIÓN DESTA CONFRARÍA, CELEBRARASE UNHA XORNADA DE DIFISIÓN DE RESULTADOS DO PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DO ÁMBITO TERRITORIAL DESTA ENTIDADE DURANTE O PERÍODO 2021-2023.
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu unha axuda de 30.000€ a esta confraría, a través dun proxecto presentado ao abeiro das bases publicadas no BOPPO Nº 29, do venres 10 de febreiro de 2023. Dito proxecto contempla unha serie de investimentos para mellorar os servizos prestados ás persoas asociadas, dotando de vehiculos ao servizo de vixilancia e realizando remodelacións nas instalacións de lonxa e oficinas.
A Deputación de Pontevedra publicou no BOPPO número 69 do 08/04/2022 as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, Federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia.
A Confraría de Baiona recibirá unha axuda por valor de 13.377,72€ mediante un proxecto presentado pola entidade ao abeiro de dita liña de axudas da deputación, para a mellora dos servizos prestados ás socias e socios da entidade, a través da aquisición de novos equipos para o servizo de vixilancia e outro equipamento destinado ás instalacións da lonxa e oficinas.
A Consellería de Mar resolveu, con data do 05 de novembro de 2021, concederlle a esta entidade unha axuda de 278.237,37€, financiada polo FEMP nun 75%, aprobando deste xeito o proxecto colectivo presentado pola confraría de Baiona. Dito proxecto propón medidas para protexer e recuperar a biodiversidade mariña a través de melloras na xestión e conservación dos recursos mariños e os ecosistemas, e ten un prazo de execución de 24 meses (do 01 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2023).
A Consellería do Mar aprobou a CONCESIÓN dunha axuda de 26.218€ dentro do proxecto colectivo elaborado por esta confraría no marco da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais de axudas para proxectos de modernización de infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo. e da calidade e do control da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca.
Dita axuda está cofinanciada polo FEMP: Prioridade 1: ; O.E. 1.d). Fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo; MEDIDA 1.4.9: Portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros
75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.
No marco do proxecto, que ten coma finalidade a mellora da seguridade e das condicións de traballo, aqduÍrense 1 CARRETILLA ELEVADORA e 1 TRANSPALETA
A Deputación de Pontevedra publicou no BOPPO número 66 do 09/04/2020 as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á Federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia. Esta Confraría de Baiona solicitou a través dun proxecto axudas para realizar investimentos para mellorar os servizos prestados ás persoas asociadas (servizo de vixilncia, lonxa e outros).
A Confraría de Baiona recibirá para esta finalidade un total de 7.595,96 €, que supón un 80% do orzamento do proxecto solicitado.
A Consellería de Mar resolveu, con data do 19 de agosto de 2020, conceder a esta entidade unha axuda de 121.814 €, financiada polo FEMP nun 75%, aprobando deste xeito o proxecto colectivo presentado pola confraría de Baiona. Dito proxecto propón medidas para protexer e recuperar a biodiversidade mariña mellorando a xestión e conservación dos recursos mariños e os ecosistemas, e ten un período de vixencia de 12 meses (de xullo de 2020 a xuño de 2021).