A Confraría de Pescadores e Mariscadores La Anunciada de Baiona é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Baiona ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Na actualidade, agrupa embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas e caladoiro cantábrico e noroeste, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos.
Horarios da lonxa:
- De 7:30 ata as 18:00.
- Poxa percebe: 16:00 aprox.
Horario da confraría:
- Inverno das 08 a 15:00
- Verán (15/06 al 15/09) das 8:30 a 14:30