A Consellería do Mar concedeu unha axuda ao proxecto colectivo “Novo centro de estabulación para a lonxa de Cangas 2024” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitada como expediente anticipado de gasto.
O obxectivo deste proxecto, identificado co número de expediente PE209G-2024-00032, é duplicar a capacidade da lonxa de Cangas para a estabulación e almacenamento de crustáceos, por mor de que as actuais instalacións son insuficientes para atender o paulatino incremento da oferta que se veu producindo nestes últimos anos. A axuda outorgada ascende a 45.421,40 €, financiada polo fondo FEMPA, nun 70 % e nun 30 % pola Xunta de Galicia.
NOVO CENTRO ESTABULACIÓN PARA A LONXA DE CANGAS
Enviado por
78737876k
o
Lun, 04/11/2024 - 18:00
Resolucion de Concesion - PE209G-2024-00032.pdf
(189.62 KB)