A CONSELLERÍA DO MAR CONCEDEU UNHA AXUDA O PROXECTO COLECTIVO "XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA ARTESANAL DE CANGAS, 2024-2025"

Enviado por 78737876k o Lun, 09/12/2024 - 05:12
AXUDA O PROXECTO COLECTIVO "XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA ARTESANAL DE CANGAS, 2024-2025"

De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2024-2025” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas  (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 2 de outubro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 78.582,60 €, distribuída en dúas anualidades: 39.291,30 € en 2024 e 39.291’30 € en 2025. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209P-2024-0021. O obxecto destas axudas é a de contribuír a sufragar os custos de contratación dunha bióloga (asistencia técnica) e tres garda pescas marítimos, por parte da confraría de Cangas, durante o período 01/07/2024 ao 30/06/2025.