Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 30 de novembro de 2021, pola que se concede unha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, para o proxecto “Alternativas de revalorización dos produtos mariños da Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas” (Nº expediente GALP7-166), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021, para pór en marcha e promover unha serie de iniciativas que nos permitan acadar un incremento no valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros dos/as nosos/as asociados/as, nomeadamente coa posta en funcionamento dun centro de expedición e a distribución a domicilio, sen custe adicional, dos produtos adquiridos, a través dos fondos europeos (FEMP), por un importe de 39.691’66 €, para as anualidades 2021 e 2022: 1.080’00 € en 2021 e 34.642’49 € para 2022.
A porcentaxe da subvención acada o 90 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 30.364’12 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 5.358’37 €.