
Consonte ao disposto no acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de
Pontevedra, adoptado na súa sesión do día 9 de setembro de 2022, concerninte ao
reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación de confrarías e agrupacións de
mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos exercicio 2022,
informamos de que na referida resolución se lle outorgou á Confraría de Pescadores
“San Xosé” de Cangas, unha axuda de 8.738’20 € para o proxecto “INVESTIMENOS
VARIOS EN CONFRARÍA E LONXA DE CANGAS”.
Estas axudas solicitáronse ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás
confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de
mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos durante o exercicio 2022
(BOPPO nº 69 do 08/04/2022), e inclúen melloras a nivel comercialización, mellora dos
servizos prestados, na vixilancia de producións, etc. Entre as actuacións
subvencionadas, áchanse: impresora de etiquetas plásticas, cadro GMDSS e VHF para
as lanchas de vixilancia de bancos marisqueiros, melloras nas instalacións de lonxa e
centro de expedición, etc.