AXUDAS EUROPEAS PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO GUINDASTRE PÓRTICO AUTOMOTOR (TRAVELIFT) PARA O PORTO DE CANGAS

Enviado por 78737876k o Mar, 18/10/2022 - 09:12

De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Marpola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Guindastre pórtico automotor varadoiro Cangas”, presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas  (NIF G36014389), para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade  dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP),  ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022, polo que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, das referidas axudas,outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 338.000’00€, distribuída en dúas anualidades: 84.500’00€ en 2022 e 253.500’00€ en 2023.Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G2022/06.