A CONFRARÍA DE CANGAS RECIBE UNHA AXUDA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A ANUALIDADE 2024

Enviado por 78737876k o Mér, 21/08/2024 - 18:04
AXUDAS DEPUTACIÓN 2024

A Confraría de Pescadores “San Xosé” presentou con data 3 de xuño de 2024, ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadores, federación provincial  de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2024, cadansúa solicitude de axudas para os proxectos “Investimentos nas instalacións da lonxa de Cangas 2024” e “Gasto de persoal da confraría de Cangas 2024”. Posteriormente, a  Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria de data 2 de agosto de 2024, procedeu ao reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación provincial  de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2024. No devandito reparto, outorgáronselle axudas á confraría de Cangas, por 6.183’57 € para o caso dos investimentos (80% do importe solicitado) e 7.683’64 € para os gastos de persoal (30’63 % do solicitado).

 

Os obxectivos de ambos os proxectos referidos foron: sufragar os custos dunha báscula de pesada mariña para a embarcación de vixilancia “Navalleira”, distinto material informático para as instalacións de lonxa e  adquisición dun aparello de TV e un conxelador para a lonxa, no caso dos investimentos, e os gastos de salarios dun dos traballadores do cadro de persoal da  confraría, para o proxecto de gastos de persoal.