DEPÓSITOS DE ALMACENAXE PARA A LONXA DE CANGAS

Enviado por 78737876k o Ven, 29/10/2021 - 09:48

De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 9 de xullo de 2021, pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Depósitos de almacenaxe para a lonxa de Cangas, 2021” (Nº expediente PE209N-2020/51), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto, para a adquisición de dez contedores isotermos con tapa (bins) con destino á lonxa de Cangas, a través dos fondos europeos (FEMP), por un importe de 3.825’00 €, co obxecto de mellorar a calidade e incrementar o control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca. A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 2.868’75 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 956’25 €.