RECUPERACION DA SUBZONA B DO BANCO MARISQUEIRO DO SINAL

RECUPERACION DA SUBZONA B DO BANCO MARISQUEIRO DO SINAL

 

Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 19 de xullo de 2023, pola que se concede unha axuda para o proxecto “RECUPERACION DA SUBZONA B DO BANCO MARISQUEIRO PRAIA DO SINAL” (Nº expediente PE209B 2023), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da  biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, outorgóuselle á confraría unha axuda de 13.200 euros. 

A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP,  9.900€ e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 3.300 €.