Noticias
Neste mes de xuño, foron concedidas as seguintes subvencións á Confraría de Mugardos por parte da Xunta de Galicia:
-PE209B: Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, cun orzamento de 53.295,06 €, mediante a cal se realizará unha rexeneración dun área fangosa de 12.000 metros cadrados na enseada de O Baño mediante unha adición de áridos, coa finalidade de aumentar a superficie de fixación para os organismos mariños.
-PE209G: Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, mediante a cal se solicitaron as seguintes melloras para a entidade.
-Adquisición dunha máquina hidrolimpadora para unha limpeza máis sinxela, rápida e eficiente das instalacións nas cales se manipulan os produtos da pesca. Concesión de 854.55 €.
-Tarefas de restauración de pintura da lonxa, mediante as cales se restaurará o chan e o zócalo da lonxa e da habitación da cámara de frío empregada polos armadores co uso de pinturas antideslizantes, antifúnxicas e antibacterianas. Concesión de 1.920 €.
-Adquisición de dúas básculas de maior capacidade para a lonxa do marisco e da habitación da cámara de frío, coas que se levarán a cabo unhas pesaxes máis rápidas e precisas. Concesión de 3.270 €.
-Adquisición dunha máquina de xeo para a habitación da cámara frigorífica, para manter en todo momento a cadea de frío e garantir a frescura e estado óptimo dos produtos da pesca. Concesión de 20.430 €.
Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%.
O pasado 2 de xuño foi concedida a subvención PE209G (Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca) a través da cal foi solicitada unha máquina hidrolimpadora para que as usuarias e usuarios das instalacións da confraría podan levar a cabo unha limpeza das instalacións de forma máis sinxela, rápida e efectiva, garantindo a calidade dos produtos da pesca.
O orzamento da subvención foi de 854.55 € e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e nun 25% pola Xunta de Galicia.
Despois de participar nunha breve charla explicativa, as mariscadoras e mariscadores da confraría de Mugardos comezaron as xornadas de recollida de lixo activa o pasado 23 de maio.
Foron realizadas 6 xornadas en diferentes puntos das enseadas de O Baño, Santa Lucía e A Barca. O resultado destas accións foi a retirada de 17280 Kg de lixo mariño dos nosos ecosistemas. A maior parte deste lixo eran vidros, cerámica e escombros, seguidos de madeira e plásticos. Os residuos retirados foron moi variados, e incluíron anacos de vivendas e estradas, redes de pesca, zapatos e incluso unha batería de coche. Isto exemplifica a falta de conciencia que aínda existe en certas persoas respecto ao noso mar, que é unha fonte de sustento para un gran número de familias e un espazo de lecer para moitas persoas. Esperemos que, pouco a pouco, a concienciación aumente ata que este tipo de comportamento sexa anecdótico.
Por outra banda, a modalidade de recollida pasiva comezou en xullo despois de que os armadores das embarcacións "Novo Genoveva" e "O Calamar" participasen nunha pequena charla explicativa. Ata o momento, foron retirados un total de 520 Kg de lixo mariño (principalmente botellas de vidro e plástico) á vez que os tripulantes das embarcacións desempeñaban as súas labores habituais de traballo. Neste primeiro mes, só unha das embarcacións puido saír á faena, pero cando a segunda embarcación se reincorpore nas próximas semanas, os esforzos de limpeza duplicaranse.
Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75%, e pola Xunta de Galicia nun 25%. Vos iremos dando datos actualizados ata o remate das xornadas no mes de setembro.
Grazas a tódalas persoas que co seu esforzo contribúen a mellorar a calidade ambiental da nosa vila e da Ría de Ferrol.
Celebra con nós a segunda edición da Festa da Exaltación da Ameixa de Mugardos! Evento organizado pola nosa entidade que terá lugar o vindeiro 1 de xullo na nosa fermosa vila costeira a partir da 1 da tarde.
Desfruta dunha ración de ameixas á mugardesa nunha auténtica cazola de barro Buño, con bebida en vaso ecolóxico e pan por tan só 13 euros. Ademáis, a xornada estará amenizada polas actuacións da charanga Santa Compaña e de DJ Nacho.
Non te perdas esta oportunidade de degustar as exquisitas ameixas de Mugardos, recoñecidas polo seu sabor único e a súa calidade inigualable e desfruta dunha experiencia gastronómica inesquecible. Agardámoste cos sabores máis deliciosos e a mellor música para que vivas un día inolvidable!
#ameixademugardos#Exaltación#GastronomíaCosteira#Mugardos
Este ano a Confraría de Mugardos novamente levará a cabo as “Xornadas de Protección e Recuperación da Biodiversidade Mediante a Recollida de Lixo Mariño” nas modalidades activa e pasiva, cun orzamento total de 40.002,55 € e de 3.622,57 €, respectivamente. O 75% de ambos proxectos foi financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia nun 25%.
Na modalidade de recollida activa, as nosas mariscadoras e mariscadores adicarán un total de 11 xornadas de 4 horas de duración, repartidas entre os meses de maio e setembro, durante as cales se adicarán excluxivamente á recollida e clasificación de residuos mariños nas enseadas de A Barca, Santa Lucía e O Baño.
Por outra parte, na modalidade de recollida pasiva, as dúas embarcacións da nosa Confraría que participan no plan conxunto de extracción de zamburiña na Ría de Ferrol, retirarán e clasificarán o lixo extraído ao mesmo tempo que levan a cabo as súas labores habituais.
As actividades que se levaran á cabo contribuirán á mellora da saúde dos ecosistemas da Ría de Ferrol mediante o aumento da superficie disponible para as especies que os habitan, así coma unha mellora na calidade ambiental para os usuarios dos mesmos.
O pasado día 2 de setembro foi o último día de traballo do proxecto “Xornadas de Protección da Biodiversidade mediante a Recollida de Lixo Mariño no Ámbito Territorial da Confraria de Mugardos. Ano 2022), subvencionado conxuntamente polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e pola Xunta de Galicia. En dito proxecto levouse a cabo unha recollida de residuos nas zonas xestionadas pola nosa confraría durante 9 días, repartidos entre xullo e setembro, durante os cales as nosas mariscadoras e mariscadores deixaron por uns días as labores de marisqueo para retirar finalmente 25 toneladas de lixo mariño da Ría de Ferrol.
A maior parte do lixo retirado foron residuos de escombros, cerámica e vidro, e a porcentaxe restante estivo composta por goma (principalmente neumáticos), plásticos, metais téxtiles e productos naturais.
Coa retirada destes residuos, aumentarase a superficie produtiva destes enclaves, favorecendo a colonización das especies que os habitan, incrementando así a súa biodiversidade e os servizos ecosistémicos que proporcionan. Non obstante, aínda queda moito por facer na nosa ría, que coma dixemos en anteriores publicacións sufriu durante anos os efectos dunha forte industrialización e da vertida indiscriminada de lixo. Entre todos tratemos de coidar a este espazo natural ao que tanto lle debemos.
Só queda dar as grazas a tódalas mulleres e homes que participaron neste proxecto, e que contribuíron, non sen pouco esforzo, a facer da nosa Ría un lugar un pouquiño mellor.
Nas catro primeiras xornadas de recollida de lixo mariño, as mariscadoras e mariscadores da nosa confraría traballaron sen apenas descanso nas enseadas de Santa Lucía e A Barca, e as praias de Mugardos e a Bestarruza. En total foron retiradas máis de 11 toneladas de residuos dos ecosistemas da Ría de Ferrol, dándolle un pequeno respiro a este importante enclave que durante tanto tempo sufriu os efectos dunha forte industrialización e da contaminación. Moitas grazas a tod@s!
O pasado día 20 de xuño, as socias e socios da nosa confraría recibiron unha pequeña charla explicativa sobre as atividades a realizar no marco do proxecto “Xornadas de Protección da Biodiversidade e dos Ecosistemas Mariños no Ámbito Territorial da Confraría de Mugardos Mediante a Recollida de Lixo Mariño", subvencionado conxuntamente polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e pola Xunta de Galicia.
Nun total de 9 xornadas repartidas entre os meses de xuño e setembro, e entre as enseadas de A Barca, O Baño e Santa Lucía, as mariscadoras e mariscadores da confraría adicaranse á recollida do lixo mariño depositado no medio, beneficiando á saúde dos ecosistemas mariños, cuxa saúde é tan importante para a actividade do sector.
A estas horas tiene lugar, en distintos puntos de Galicia y Asturias, una protesta del sector pesquero por la modificación del Reglamento de Control, aprobado por el Parlamento Europeo el pasado mes de febrero, en la cual no se modificó la definición de pesca artesanal, petición realizada desde el propio sector. Esto implica que los buques mayores de 4 m de eslora deben notificar desde el barco sus capturas, obligándolos a hacerlo a través del Diario de Pesca Electrónico (DEA), así como la instalación de cámaras a bordo de las embarcaciones. Las embarcaciones pertenecientes a la Cofradía de Mugardos apoyan la protesta del sector.