Proxecto para a conservación da especie autóctona “ameixa babosa” e restauración do habitat na Ensenada do Baño

Enviado por saec el Mar, 15/10/2019 - 14:21
A Confraría de Mugardos resultou adxudicataria dunha subvención da Consellería do Mar, por importe de 47.420,59 €, para repoboación de especie autóctona e restauración habitat enseada de O Baño no ano 2020

Os obxetivos deste proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75%  son: a restauración do equilibrio das especies autóctonas de moluscos infaunais na Enseada do Baño e que este equilibrio redunde na totalidade da Ría de Ferrol; e contribuír a conservación e restauración de hábitats naturais e salvaxes.  Os resultados acadados foron favorables e positivos. O proceso consistiu na mellora de substarto coa adicción de sedimento, remoción e sementeira de ameixa babosa.

 

O proxecto esta formado por dúas accións a realizar na Enseada do Baño, sendo a primeira delas unha adición de substrato nunha superficie de 12.000 metros cadrados no nivel intermareal baixo desta zona para incrementar a estrutura do sedimento e a segunda unha repoboación con 947.369 individuos de semente da especie autóctona ameixa babosa na zona rexenerada.

 

A parte correspondente a adición e mellora de substrato é realizada por diversas tarefas que corresponden a: unha remoción mecanizada previa o vertido do árido na superficie a rexenerar; a compra, acopio, translado e vertido do árido na zona obxetivo do proxecto e unha nova remoción para a homoxenización do novo substrato unha vez realizado o vertido.

 

As tarefas de remoción mecanizadas anteriores e posteriores a adición do novo substrato foron de dúas xornadas de traballo cada unha delas e o traballo de compra, acopio e vertido do árido de catro xornadas nas preamares das mareas mortas. O acopio se realizou no peirao de Ferrol e o transporte ata a ensenada do Baño e vertido do árido levouse a cabo por mar. O grado de execución de dita acción foi do 100%, conseguindo mezclar ambos substratos e mellorar a superficie existente co aporte do árido.

 

A parte correspondente coa sementeira de ameixa babosa realizouse coa repoboación na zona con 947.369 individuos de semente  de talla comprendida entre 15-18 mm, procedente de criadeiro, nunha superficie de 12.000 metros cadrados. A acción foi executada  nunha xornada sementando a unha densidade de 78.94 individuos por metro cadrado no mes de outono de 2020.

 

Cada unha destas sementeiras se procedeu do seguinte xeito: 1. Remoción mecanizada da superficie a sementar para facilitar o enterramento co vehículo propio da confraría de pescadores de Mugardos. 2. Distribución a man da semente que realizarán as/os mariscadoras/es. 3. Cubrición con rede da zona ata o enterramento da semente. A realización de dita acción acadou o 100% do obxectivo aumentando o stock e tendo a priori unha boa fixación dos organismos.

 

Vehículo anfibio utilizado nos proxectos de Rexeneración na  Enseada do Baño fpara a remoción do substrato
Vehículo anfibio utilizado nos proxectos de Rexeneración na  Enseada do Baño financiados polo FEMP nun 75% para a remoción do substrato
Repoboación na Enseada do Baño de 947.369 individuos de ameixa babosa, proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75%
Organismos de ameixa babosa sementada a man polos mariscadores e marsicadoras de a pé da Confraría de Mugardos
Colocación da red na Enseada do Baño dentro da acción de proxectos de rexeneración financiada polo Femp
Colocación da red na Enseada do Baño dentro da acción de proxectos de rexeneración financiada polo Femp
Aporte de áridos desde embarcación por parte da empresa "Amarradores del puerto y la ría de Ferrol S.L."
Proceso dos traballos realizados da remoción mecanizada do substrato con arado propio da vehículo para recuperar a oxixenación e a redución da capa redox; o aporte de area para mellorar a granulometría mediante vertido por mar para favorecer a fixación larvaria das diversas especies que habitan a Ensenada do Baño; a sementeira manual da especie autóctona ameixa babosa para recuperar e apaliar o baixo recrutamento acadado nos últimos anos