Os obxetivos deste proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75% son: a restauración do equilibrio das especies autóctonas de moluscos infaunais na Enseada do Baño e que este equilibrio redunde na totalidade da Ría de Ferrol; e contribuír a conservación e restauración de hábitats naturais e salvaxes. Os resultados acadados foron favorables e positivos. O proceso consistiu na mellora de substarto coa adicción de sedimento, remoción e sementeira de ameixa babosa.
O proxecto esta formado por dúas accións a realizar na Enseada do Baño, sendo a primeira delas unha adición de substrato nunha superficie de 12.000 metros cadrados no nivel intermareal baixo desta zona para incrementar a estrutura do sedimento e a segunda unha repoboación con 947.369 individuos de semente da especie autóctona ameixa babosa na zona rexenerada.
A parte correspondente a adición e mellora de substrato é realizada por diversas tarefas que corresponden a: unha remoción mecanizada previa o vertido do árido na superficie a rexenerar; a compra, acopio, translado e vertido do árido na zona obxetivo do proxecto e unha nova remoción para a homoxenización do novo substrato unha vez realizado o vertido.
As tarefas de remoción mecanizadas anteriores e posteriores a adición do novo substrato foron de dúas xornadas de traballo cada unha delas e o traballo de compra, acopio e vertido do árido de catro xornadas nas preamares das mareas mortas. O acopio se realizou no peirao de Ferrol e o transporte ata a ensenada do Baño e vertido do árido levouse a cabo por mar. O grado de execución de dita acción foi do 100%, conseguindo mezclar ambos substratos e mellorar a superficie existente co aporte do árido.
A parte correspondente coa sementeira de ameixa babosa realizouse coa repoboación na zona con 947.369 individuos de semente de talla comprendida entre 15-18 mm, procedente de criadeiro, nunha superficie de 12.000 metros cadrados. A acción foi executada nunha xornada sementando a unha densidade de 78.94 individuos por metro cadrado no mes de outono de 2020.
Cada unha destas sementeiras se procedeu do seguinte xeito: 1. Remoción mecanizada da superficie a sementar para facilitar o enterramento co vehículo propio da confraría de pescadores de Mugardos. 2. Distribución a man da semente que realizarán as/os mariscadoras/es. 3. Cubrición con rede da zona ata o enterramento da semente. A realización de dita acción acadou o 100% do obxectivo aumentando o stock e tendo a priori unha boa fixación dos organismos.