Sobre nos

A Cofradia de Pescadores "San Telmo" de Mugardos, está situada na localidade de Mugardos, provincia da Coruña e é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar. Actúa como un órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola e representa os intereses dos profesionais do sector mariño.

Actualmente a Confraría réxese polos seus propios estatutos, así como polo Decreto 8/2014 do 16 de xaneiro, polo que se regulan tanto as Irmandades de Pescadores de Galicia, como as súas Federacións.

Na Cofradia, os seus asociados dedícanse ao marisqueo a pé e á pesca de baixura, aínda que a súa actividade principal é a venda de moluscos, entre os que se atopan a ameixa fina, berberecho, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ostra rizada, ostra plana e en cantidades menores vieira, navalla e mincha ou bígaro.

O seu domicilio social está na rúa Cantón de Cora, 19, no Concello de Mugardos.

O seu ámbito territorial abarca desde a punta do Segaño ata a rampa do Seixo, na ría de Ferrol, na que se atopan os seguintes bancos de marisco:

  • A BARCA
  • BAÑO
  • NANDE
  • SANTA LUCIA

Estas zonas están suxeitas a un Plan de Explotación e, dependendo dos días de mareas autorizados, traballarán para eles os Mariscadores pertencentes a esta Confraría. O requisito esencial é posuír un PERMEX A PÉ (permiso de explotación de marisqueo a pé) emitido pola Consellería do Mar que permita a cada un extraer marisco nestas zonas.  Tamén ten un Plan para a explotación de poliquetos.

A confraría de Mugardos agrupa diversas embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos.