Proyectos
A Deputación Provincial de A Coruña concedeu á Confraría de Pescadores de Mugardos unha subvención correspondente ao programa F0027A: “Convocatoria do Programa de Subvencións de fomento Pesqueiro Dirixido Ás Confrarías de Pescadores e Agrupacións de Mariscadoras da Provincia da Coruña para Actividades Durante o Ano 2024”.
Esta concesión, con Cod. Exp: 2024000018843, consta dun importe de 25.000 € que serán empregados para o mantemento dos postos de traballo das dúas administrativas coas que conta a entidade, que se encargarán de levar a cabo o principal obxectivo da subvención; levar a cabo unha mellora constante na comercialización de especies coas que actualmente traballa a confraría, así coma a búsqueda e apertura de novos mercados e axudas que poidan repercutir positivamente na produción.
La Diputación Provincial de A Coruña ha concedido a la Cofradía de Mugardos una subvención correspondiente al programa F0027A: Convocatoria del programa de subvenciones de fomento pesquero dirigido a las cofradías de pescadores y agrupaciones de mariscadoras y mariscadores de la provincia de A Coruña para actividades durante el año 2023.
Cód. Exp.: 2023000018160.
Importe: 19.000 €
Objetivo de la subvención: Mejora de la comercialización y producción y apertura a nuevos mercados.
El objetivo de esta ayuda es el mantenimiento de los puestos de trabajo de dos Administrativas para apertura de nuevos mercados y mejora de la comercialización de las especies ya comercializadas, así como encontrar salida para nuevas especies, con la utilización de las nuevas tecnologías y también la búsqueda de posibles ayudas que puedan repercutir en la mejora de la producción.
O día 28 de decembro foi aprobado o “Proxecto para a conservación e restauración dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2023-2024" (PE209P). A finalidade do mesmo é a de contribuir á recuperación e mantemento da saúde dos ecosistemas nos que se desenvolven os plans de explotación da entidade.
Esta concesión permitirá contratar a dous gardapescas para que leven a cabo un control das zonas xestionadas pola confraría e velen porque o marisco sexa extraído por persoal autorizado para facelo, ademáis de que se cumpran as medidas mínimas e topes de extracción establecidos para cada especie.
Por outra parte, tamén será posible seguir contando cunha asistencia técnica, a cal se encargará, entre outras tarefas, de realizar mostraxes nos bancos explotados para garantir unha extracción sostible e evaluar a saúde dos ecosistemas, ademáis de levar a cabo a elaboración e execución de proxectos, coma por exemplo tarefas de rexeneración no caso de ser necesario.
Para levar a cabo este proxecto, foi concedido un importe de 65.314,88 €, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) en un 30% pola Comunidade Autónoma.
A Deputación Provincial da Coruña concedeu á Confraría de Mugardos unha subvención correspondente ao programa F0027A: Convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2022.
Cód. Exp.: 2022000013407.
Importe: 18.000 €
Obxectivo da subvención: Mellora da comercialización e producción e apertura a novos mercados.
O obxectivo desta axuda é o mantemento dos postos de traballo de duas Administrativas para apertura de novos mercados e mellora da comercialización das especies xa comercializadas, así como atopar saída para novas especies, coa utilización das novas tecnoloxías e tamén a búsqueda de posibles axudas que poidan repercutir na mellora da produción.
A Consellería do Mar concedeu unha axuda á Confraría de Mugardos, ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.
DENOMINACIÓN DO PROXECTO: “Mellora actividade pesqueira e marisqueira Confraría de Mugardos".
CÓDIGO: GALP2-229
IMPORTE SUBVENCIONABLE: 5.015,26 € (85% FEMP: 4.262,97 € - 15% Nacional: 752,29 €)
Para mellorar a actividade pesqueira e marisqueira na Confraría de pescadores de Mugardos é necesario dispoñer de instalacións modernas e ben equipadas.
ACTIVIDADE 1.- ADQUISICIÓN DE DÚAS TRANSPALETAS ELÉCTRICAS: Compra de dúas transpaletas eléctricas para facilitar as condicións de traballo dos profesionais do mar, concretamentamente a manipulación das cargas, tanto nas descargas dos barcos á Confraría como no proceso de comercialización dos produtos.
ACTIVIDADE 2.- ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO AUDIVISUAL E INFORMÁTICO: Compra dun proxector e unha pantalla así como dunha impresora en cor e unha destructora de documentos. Coa adquisición deste equipamento o que se pretende é ter un espazo axeitado para o acceso á formación dos/as actuais profesionais do mar como dos/as futuros. Con este equipamento facilitarase a impartición de formación especializada, o que mellorará a competitividade do sector e incidirá na continuidade da actividade pesqueira e marisqueira no territorio. Coa adquisición dunha destructora de documentos poderase ademais garantir en todo momento a confidencialidade de todolos datos persoais que se manexan nas oficinas da confraría, tanto dos socios e socias da mesma como dos clientes, traballadores e calquera outra persoa coa que se poida ter relación.
A Consellería do Mar concedeu á Confraría de Mugardos unha axuda, financiada nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a realización de proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.
PE209F-2022/07: “Protección da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Mugados. Ano 2022”
Importe total concedido: 29.884,51 €
Obxectivo xeral do proxecto: Retirada do lixo mariño acumulado nas autorizacións marisqueiras a pé da Confraría de Mugardos para favorecer a biodiversidade e mellorar as condicións físicas , alteradas pola acción humana nestes hábitats costeiros
Obxectivos específicos:
1.- Retirada física dos residuos.
2.- Almacenamento, clasificación, caracterización e tratamento dos residuos.
3.- Difusión da información obtida nas xornadas de traballo.
Descrición do proxecto: O proxecto consistira na localización e constatación da existencia do lixo nas zonas de traballo e elaboración de informe fototográfico xeorreferenciado coa distribución do lixo nos bancos marisqueiros nos que realizaranse as limpezas. @s mariscador@s a pé recollerán e retirarán manualmente os residuos do chan mariño, transportándoos a pé, en capachos, ata o punto de almacenamento onde se clasificarán segundo a súa tipoloxía de material en plástico, textil, metal, goma, vidro/cerámica, produtos naturais e variados. As zonas de traballo deste proxecto serán a Enseada da Barca (Dende a Rampa do Seixo ata o Peirao de atraque de Reganosa), A Enseada de Santa Lucía (Dende o Peirao de atraque de Reganosa ata a Punta Leiras), as praias de Mugardos e a Bestarruza (Dende Punta Leiras ata a parte oeste da Enseada do Baño), a Enseada do Baño (Dende O Moceno ata os peiraos de Marracoi en Punta Redonda) e Punta Redonda (Dende os peiraos de Marracoi ata a baliza do Castelo da palma)
Datas previstas de execución: xuño, agosto e setembro 2022
A Consellería do Mar concedeu á Confraría de Mugardos unha axuda, financiada nun 75% polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas.
PE209 C-2021 F-050. "Proxecto para a conservación e protección dos recursos mariños vivos e dos seus ecosistemas da Confraría de Mugardos para os anos 2021/2023".
Importe total concedido: 121.802,59 €
Anualidade 2021: 31.767,31 €
Anualidade 2022: 60.023,52 €
Anualidade 2023: 30.011,76 €
Importe público FEMP (75%): 91.351,94 €
Importe público C.A. (25%): 30.450,65 €
Prazo: Desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2023
Obxecto da operación:
a) Elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños vivos. Avaliación do estado de conservación e da biodiversidade nas paraxes de Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de importancia para os organismos mariños.
b) Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños. Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras. Seguimento e vixiancia dos hábitats e das especies. Cartografado da actividade extractiva realizada polos socios da entidade. Seguimento de indicadores de abundancia, da composición específica das capturas e da súa estrutura de tamaños.
c) Formación dos pescadores/ as orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven.
d) Aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos/as pescadores/as, que pode incluír campañas de divulgación.
e) Contribución á vixiancia epidemiolóxica: envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
f) Operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, que se levarán a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca.
A Consellería do Mar concedeu unha axuda á Confraría de Mugardos, ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo, para a adquisición dun remolque isotermo.
DENOMINACIÓN DO PROXECTO: “Adquisición de remolque isotermo”.
CÓDIGO: GALP2-159
IMPORTE SUBVENCIONABLE: 4.620,00 € (85% FEMP: 3.927,00 € - 15% Nacional: 693,00 €)
Medíante a execución deste proxecto establecerase un novo medio de transporte, o que permitirá obter unha mellor conservación da materia prima durante o seu traslado, aumentando a competitividade e garantindo a calidade e trazabilidade dos productos pesqueiros. Por outra banda contribuirase á consolidación do sector da pesca e dos mariscos do noso territorio. Tamén se pretende diversificar a comercialización dos produtos locais extraídos na nosa ría a través da introdución de modelos innovadores e novos xeitos de loxística.