A UE define aos buques de pesca costeira artesanal como embarcacións pesqueiras cunha eslora total inferior a 12 metros e que non utilizan artes de arrastre.
Trátase do tramo de frota maioritario en canto a número de embarcacións e de gran importancia económica e social en Galicia. As principais artes que utilizan son redes de enmalle (miños, betas, trasmallos, etc.), artes de anzol (palangrillo, liñas, etc.) e nasas.
Captúranse todo tipo de peixes, principalmente no interior das rías e zona litoral, como pescada, faneca, xurelo, xarda, robaliza, sargo, dourada, salmonete, etc. Tamén son moi importantes as capturas de crustáceos, como centola, nécora, camarón, etc. e de cefalópodos como choco, lura e polbo.
Na actualidade a confraría de Mugardos agrupa diversas embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos.
NOSOS BARCOS