Noticias
O vindeiro venres 24 de setembro ás 17.30 h terá lugar a terceira das xornadas de promoción das diferentes ameixas do Golfo Ártabro organizadas polo GALP Golfo Ártabro Norte, nas que se poderá degustar ameixa babosa e berberecho de Mugardos.
As actuacións previstan son:
- Xornadas técnicas sobre as diferentes ameixas.
- Degustación do produto.
- Presentación da exposición itinerante e do catálogo en liña coas diferentes ameixas.
No día de onte, a Xunta Xeral desta confraría aprobou as contas anuais da entidade do ano 2023. Adxuntamos o enlace a Google Drive no cal se pode consultar o documento en PDF.
https://drive.google.com/file/d/14rqMZ77JNZQXm3j0DcS7VC2ObrjS3QRL/view?…
A semana pasada desenvolveuse con éxito o proxecto "Rexeneración de zonas de baixa produtividade mediante a sementeira de ameixa xapónica". Nesta iniciativa, respaldada pola subvención PE209H (Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de pérdida de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sostible dos recursos mariños), liberaronse 174,300 unidades de semente de ameixa xapónica nunha área fangosa de 1474 metros cadrados localizada nas inmediacións de O Seixo, na enseada de A Barca. A elección desta especie debeuse á súa boa adaptación a ambientes nos que a maioría das outras especies non poderían desenvolverse, coma a zona deste proxecto, con sustrato fangoso.
Uns días antes das actividades, foron colocadas nasas polo perímetro para retirar os depredadores que puidesen danar a ameixa (principalmente cangrexos), os cales posteriormente foron liberados ao mar nunha zona afastada dos bancos marisqueiros.
A data inicialmente prevista para a sementeira era o 14 de novembro. Non obstante, debido ás intensas chuvias dese día, que poderían poñer en risco os exemplares, decidiuse levar a cabo unicamente a remoción do sustrato (coa finalidade de facilitar o enterramento dos animais) e pospoñer a sementeira para o día seguinte, cando as condicións meteorolóxicas foron máis favorables.
Este proxecto contou cun orzamento total de 2963,10 € e foi financiado en un 75% polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e en un 25% pola Xunta de Galicia.
Ao longo dos meses de setembro e outubro, foi levada a cabo unha rexeneración dun área fangosa de baixa produtividade da enseada de O Baño por parte da empresa “Servicios Portuarios Ferrol S.L). En dita área, de 11181 metros cadrados , foron engadidos 1677 metros cúbicos de sustrato máis groso.
A finalidade deste proxecto é contribuír ao aumento da biodiversidade dun área fangosa de baixa produtividade, xa que o novo sustrato incrementará a osixenación na zona e a superficie de fixación de organismos mariños (sexan ou non de interese comercial), o que a súa vez terá un efecto positivo sobre a biodiversidade e sobre os servizos ecosistémicos proporcionados polo enclave.
Este proxecto, enmarcado na subvención PE209B “Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables”, tivo un presuposto de 53.295,69 € e foi cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%
.
O pasado setembro culminaron os proxectos asociados á subvención PE209B, adicados á recollida de lixo mariño por parte dos nosos asociados.
Entre os días 1 de xullo e 31 de agosto, os tripulantes das embarcacións “Novo Genoveva” e “O Calamar” suxeitas ao plan conxunto de extracción de zamburiña na Ría de Ferrol, adicáronse á recollida pasiva de lixo mariño ao mesmo tempo que levaban a cabo as súas tarefas habituais de pesca. En total foron retirados un total de 1640 Kg de lixo mariño, dos que un 44% eran restos de vidro e escombros, seguidos por un 21% de restos de plástico e o restante repartido entre as categorías de madeira, metal, goma e produtos variados.
Por outra parte, entre os días 23 de maio e 13 de setembro, foron levadas a cabo as recollidas de lixo activas por parte das nosas mariscadoras e mariscadores, que adicaron un total de 11 xornadas á recollida manual de lixo nas enseadas de O Baño, A Barca e Santa Lucía. Nesta modalidade, foron retirados un total de 26980 Kg de lixo, dos cales un 80 % estaba composto por restos de vidro e escombros, seguidos por restos de goma, madeira, metal e plástico. A retirada destes residuos contribuirá a reducir a contaminación física e química da nosa ría, mellorando as calidade dos ecosistemas para as especies que habitan nela.
Este proxecto foi cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75%, e pola Xunta de Galicia nun 25%. Grazas a tódalas persoas das institucións e da nosa entidade que o fixeron posible.
No marco da subvención PE209G (Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca) foi concedida a compra dunha máquina produtora de xeo.
O equipo foi colocado na habitación da cámara frigorífica empregada polos tripulantes asociados á nosa entidade, coa finalidade de contribuír a manter a cadea de frío durante os procesos de almacenaxe e transporte.
O orzamento desta subvención, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%, foi de 20.430 €.