Especies

Solea solea

1. Costado con ollos (superficie pigmentada) no lado dereito (situar a cabeza cara á fronte e sabendo que os ollos están sempre por encima da boca resulta inconfundible coñecer o lado, dereito ou esquerdo, sobre o que se sitúan os ollos). 2. Boca non terminal. 3. Orificio nasal anterior da cara cega normal, a igual distancia dos beizos que do bordo da cabeza

Pagrus pagrus

CARACTERÍSTICAS MORFOLÓXICAS: 1. Corpo oval, alto, comprimido e cunha protuberancia característica sobre os ollos. 2. Coloración de corpo rosáceo-prateada, co rostro máis escuro e as aletas rosadas. 3. Mancha escura na axila das pectorales. 4. Bordo dos lóbulos caudais branco- azulados

Sparus aurata

Corpo oval, máis ben profundo e comprimido. Perfil da cabeza regularmente curvado. Ollo pequeno. Boca baixa, moi levemente oblicua. Beizos grosos. Catro a 6 dentes anteriores de tipo caninos en cada mandíbula, seguidos posteriormente por dentes romos, os cales se fan progresivamente como molares e dispóñense en 2 a 4 filas (os dentes nas 2 filas externas máis fortes).

Psetta maxima

Peixe plano con corpo asimétrico e case redondo (ollos sobre o lado esquerdo). Pel sen escamas pero con protuberancias óseas irregularmente distribuídas. Boca grande e ollos pequenos. As aletas dorsal e anal expándense amplamente sobre os costados dorsal e ventral. O lado cego (dereito) de cor esbrancuxada e o lado do ollo con coloración variable, xeralmente café-agrisada con puntos escuros.

Dicentrarchus labrax

Corpo máis ben alongado. Opérculo con 2 espiñas planas; preopérculo con espiñas grandes, dirixidas cara adiante, sobre a súa marxe inferior. Boca terminal, moderadamente protráctil. Dentes vomerianos nunha banda semicircular, sen unha extensión cara atrás sobre a liña media do teito da boca. Dúas aletas dorsais separadas; a primeira con 8 a 10 espiñas; a segunda con 1 espiña e 12 ou 13 raios brandos. Aleta anal con 3 espiñas e 10 a 12 raios brandos. Escamas pequenas; liña lateral completa con 62 a 74 (moda 70), pero sen estenderse sobre a aleta caudal. Aleta caudal moderadamente bifurcada. Cor gris prateada a azuloso sobre o corpo, prateado sobre os costados, ventre ás veces tinguido con amarelo. Xuvenís con algúns puntos escuros sobre a parte superior do corpo, pero os adultos nunca punteados. Un punto difuso sobre o bordo do opérculo.

Arenicola marina

Anélido mariño co corpo formado por 3 partes diferentes, duns 11 - 20 cm de lonxitude. A parte anterior con 6 segmentos engrosados con sedas, sen branquias; parte central formada por 13 segmentos, cada un con 5 aneis, cun par de branquias dorsolaterales avermelladas, curtas e arbustivas, de eixo curto e sen membrana; a parte final estréitase fortemente, con segmentos sen branquias nin sedas. Cor rosáceo, verde ou marrón.

Trachurus trachurus

CARACTERÍSTICAS MORFOLÓXICAS

 1. Escamas posteriores da liña lateral moi altas, formando unhas estruturas denominadas escutelos.

2. Liña lateral accesoria desde a primeira aleta dorsal ata os radios 23-31 da segunda aleta dorsal.

Ensis magnus

Concha alongada e comprimida que facilita o seu enterramento. É equivalva e está aberta polos seus extremos anterior, por onde extrae os sifones, e posterior, por onde extrae un pé musculoso.  A diferenza do Longueirón ( Ensis siliqua) posúe unha maior curvatura no eixo ventral.

Liteorina littorea

A cuncha do caramuxo pode chegar a alcanzar unha altura de entre 2 e 4 cm, a cal é de cor gris pardusco ou gris verdoso, con bandas en espiral de tonalidade máis clara

 

Venerupis aurea

Adoita de ser de menor tamaño que as outras ameixas, con máximos de 4.5 cm. A cuncha é sólida e equivalva, co umbo adiantado cara á metade anterior. A charnela consta de tres dentes en cada valva. A superficie é lisca, con costelas concéntricas e liñas de crecemento á penas visibles. 

Ten unha cuncha en forma de bico, é branca co bordo negro ou debuxos en zig-zag.