Especies
Crassostrea gigas
A cuncha é sólida, inequivalva, extremadamente rugosa, afrautada e laminada; a valva esquerda (inferior) é profundamente cóncava con lados algunhas veces case verticais; a valva dereita (superior) é plana ou lixeiramente convexa, apoiándose dentro da esquerda; os lados son desiguais, con picos e umbos protuberantes, tendendo a ser oblongas pero son moi distorsionadas e irregulares. A forma da cuncha varía co medio ambiente. A cor adoita ser esbrancuxado con estrías moradas e puntos que radian do umbo. O interior da cuncha é branco, cun só músculo que algunhas veces é escuro, pero nunca negro.
Ostrea edulis
Ostrea edulis é un molusco bivalvo que ten unha cuncha oval ou con forma de pera, cunha superficie áspera e escamosa. A cuncha irregular ten un pico ganchudo distintivo, ornamentado con foliación delicada. As dúas metades ( valvas) da cuncha son de formas diferentes. A cuncha esquerda é profundamente cóncava e fíxase ao substrato, a dereita é plana con bordos máis ásperos e, sentándose dentro da esquerda, actúa como unha tapa.
As superficies interiores de ambas as valvas son suaves e usualmente nacaradas, brancas ou gris- azulinas, a miúdo con áreas azul escuro. As valvas son mantidas xuntas nos seus extremos estreitos por un ligamento elástico. Non se rexistran dentes na charnela. Un gran músculo central serve para pechar as valvas contra a tensión do ligamento.
A cuncha por fóra é de cor branca, amarelado ou crema con bandas concéntricas café claro ou azulinas na valva dereita. A cuncha consiste dunha serie de capas calcáreas que poden incluír compartimientos laminares e ocos. A cuncha dura, áspera e gris contén unha carne que pode variar en cor desde amarelado cremoso a gris pálido, en sabor desde salgado a insípido e en textura desde tenro a firme. A ostra europea pode crecer moi grande (> 20 cm) e chegar a moi vella (> 20 anos).
Ruditapes philippinarum
A ameixa xaponesa ten as liñas da cuncha moi marcadas, sendo esta moito máis rugosa, e os sifóns están unidos ata a metade.
A súa cuncha é compacta con liñas radiais moi marcadas e sen apenas liñas concentrícas. Presenta estrías moi marcadas na cuncha formando, ao cruzarse cuadrículas ou retículas moi pequenas, máis pronunciadas que na ameixa fina. De cor moi escura (marrón, gris e negro).
Ruditapes decussatus
A ameixa fina é de estraordinaria calidade. A súa cuncha posúe unhas costelas (pequenas liñas) radiais e outras concéntricas que forman un espacio cuadriculado. A súa cor habitual acostuma ser branca, amarela ou marrón clara e os seus sifóns están separados un do outro.
Chlamys varia
A zamburiña ten valvas cóncavas alongadas e costelas moi xuntas e estreitas con pequenos pinchos, ademais destaca pola ausencia de orellas. A súa carne é rosada, violácea ou crema. A gónada ten as mesas tonalidades.
Necora puber
A cor das nécoras galegas é gris pardusca, é unha especie de crustáceo decápodo que inclúe aos chamados cangrexos nadadores, usa o seu último par de patas para nadar.