O pasado sábado 16 de novembro desenvolveuse con éxito o proxecto "Accións de mellora do stock de ameixa xapónica e de rexeneración de zonas de baixa produtividade da confraría de Mugardos. Ano 2024", situada ao abeiro da liña de subvencións “Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños (PE209H)”
O proxecto consistiu na sementeira dun total de 882.350 xuvenís de ameixa xapónica nun área de 9800 metros cadrados da enseada de A Barca. Esta especie foi escollida debido á súa mellor adaptación en ambientes nos cales as outras especies prosperan de forma menos eficiente, coma é o caso da zona dos traballos, que presenta unha elevada proporción de fangos. Ademáis a especie ten unha elevada resistencia fronte a condicións adversas coma ondas de calor ou baixadas de salinidade abruptas producidas polo cambio climático.
Previamente á sementeira, foi realizada unha remoción do sustrato empregando o vehículo marisqueiro co que conta a entidade para así facilitar o enterramento dos individuos e aumentar a súa supervivencia.
O proxecto contou cun orzamento total de 14.999,95 €, o cal foi financiado nun 100% pola Comunidade Autónoma de Galicia.