Sementeira de ameixa babosa na enseada de O Baño

O pasado 17 de novembro foi levado a cabo o proxecto “Protección e mellora da biodiversidade no Esteiro (enseada de O Baño)” mediante o cal foron sementados un total de 894880 xuvenís de ameixa babosa nunha superficie de 11.181 metros cadrados. Previamente á sementeira foi realizada unha remoción do sustrato co vehículo marisqueiro co que conta a entidade, para así facilitar o enterramento dos exemplares.
A execución do proxecto permitirá reforzar o stock desta importante especie, o que contribuirá a aumentar o aporte larvario da mesma unha vez que os individuos acaden o tamaño reprodutivo e a reducir a presión pesqueira sobre tódalas especies de interese comercial.
O orzamento do proxecto foi de 18449,6€, cofinanciados de forma conxunta polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nun 70% e pola Comunidade Autónoma nun 30%.