Protesta do sector pesqueiro

Protesta do sector pesqueiro

 

Neste momento ten lugar, en distintos puntos de Galicia e Asturias, unha protesta do sector pesqueiro pola modificación do Regulamento de Control, aprobado polo Parlamento Europeo o pasado mes de febreiro, na cal non se modificou a definición de pesca artesanal, petición realizada desde o propio sector. Isto implica que os buques maiores de 4 m de eslora deben notificar desde o barco as súas capturas, obrigándoos a facelo a través do Diario de Pesca Electrónico ( DEA), así como a instalación de cámaras a bordo das embarcacións. As embarcacións pertencentes á Confraría de Mugardos apoian a protesta do sector.