MELLORA DA PRODUTIVIDADE DA AMEIXA XAPONESA NAS AUTORIZACIÓNS MARISQUEIRAS A PÉ DA CONFRARÍA DE MUGARDOS PARA O ANO 2021

MELLORA DA PRODUTIVIDADE DA AMEIXA XAPONESA NAS AUTORIZACIÓNS MARISQUEIRAS A PÉ DA CONFRARÍA DE MUGARDOS PARA O ANO 2021

 

A Confraría de Mugardos recibiu unha axuda da Consellería do Mar, financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, para a mellora da produtividade da ameixa xaponesa nas autorizacións marisqueiras a pé desta confraría para o ano 2021.


PE209 H-2021-025: "Mellora da produtividade da ameixa xaponesa nas autorizacións marisqueiras a pé da Confraría de Mugardos para o ano 2021".

Importe concedido: 14.999,00 €

 

Obxectivo xeral: compra de semente procedente de criadeiro debido a unha baixada na produción desta especie no ano 2020 respecto ao ano 2019.

Traballos a realizar: sementaranse 937.438 uds. de ameixa xaponesa entre 14 e 17 mm nunha superficie de 10.500 m, previa remoción da zona de sementeira, na enseada da Barca, subzona Marea Morta CF-158. A remoción de substrato realizarase con medios propios da confraría (vehículo marisqueiro multifuncional) durante os días 23 e 24 de outubro de 2021 e a sementeira será o 25 de outubro e consistirá na distribución a man da semente polos mariscadores e as mariscadoras a pé.

Obxectivos específicos:

  • Favorecer a biodiversidade específica desta especie en retroceso.
  • Rexeneración do hábitat, conservando e mellorando as condicións bioxeoquímicas do substrato mediante a remoción e aireación previas a sementeira.
  • Recuperación da produción comercial desta especie.
  • Favorecer a continuidade do marisqueo como actividade tradicional.
  • Mellorar a economía dos mariscadores e as mariscadoras e, por tanto, das comunidades costeiras, cunha actividade artesanal respectuosa co medio ambiente.