A Lonxa de Canido retoma actividade

A Lonxa de Canido retoma actividade

 

O polbo da Ría será o primeiro produto que ofreza a Lonxa

A Lonxa de Canido retoma a actividade coa venda do Polbo da Ría, produto estrela dos barcos da Confraría que traballan na zona.

O Polbo de Canido será vendido a restaurantes, empresas transformadoras e particulares. A idea é poñer en valor un produto de cercanía, Km cero e de gran calidade e frescura, ademais de coñecer directamente ás persoas que o pescan. Unha pesca artesanal comprometida co presente e futuro da nosa ría, unha pesca sustentable.

Se estás interesado/a en comprar polbo podes contactar con nós a través da páxina da Lonxa de Canido: https://lonxadecanido.org/ ou no noso Whatsapp 698 185 480

Compartimos o vídeo de Artes Menores que fixemos cun dos barcos que pescan o polbo en Canido. Agardámosvos!

 

https://youtu.be/Z2_XF95TyCg