Proxectos
O proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo", forma parte do Plan MAR LIMPO da Consellería do Mar, e ten como obxectivo principal a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de lixos mariños coa participación do sector da pesca.
O proxecto desenvolveuse mediante accións de pesca de lixo activa por parte das persoas mariscadoras en diferentes bancos marisqueiros da marxe sur da Ría de Vigo. Ademais da propia recollida de residuos mariños na zona intermareal, o proxecto inclue accions de manexo, caracterización e tratamento do lixo mariño recollido e accions divulgación e sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así como doutros axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral.
Mediante a realización deste proxecto logramos diminuír a cantidade de residuos mariños nas zonas de extracción de recursos mariños por parte de pescadores e mariscadores. Isto vai supoñer a eliminación de focos de contaminación, un aumento da superficie produtiva e unha mellora da calidade da auga e do substrato, o que vai repercutir directamente na recuperación da biodiversidade, incluídas as especies comerciais.
PROXECTO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO (PE209F-2024-012)
- Data de inicio: 10/10/2024
- Data de finalización: 15/11/2025
- Importe total concedido para o proxecto: 11.132,07 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA nun 70% e C.A. nun 30%
Estamos de celebración, acabamos de recibir a boa nova, o noso proxecto "AMARRE" vai ser financiado polo GALP Ría de Vigo A Guarda. Trátase dun proxecto de mellora dos pantaláns de amarre e dos accesos á Mariña de Bouzas, que xestiona a confraría dende hai anos.
No ano 2023, grazas á axuda da Deputación de Pontevedra conseguimos facer pequenas inversións nas nosas intalacións, As máis vistosas foron a colocación dun vinilo na entrada da nosa Mariña Deportiva de Bouzas, e outra foi a mellora da sinalización da nova Lonxa de Canido. Os deseño foron elaborados pola cooperativa O Cable Inglés, e a impresión e colocación pola empresa Formato Verde.
O proxecto de Xestión dos recursos da pesca costeira artesanal no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo está orientado a dotar a entidade de persoal técnico cualificado para o asesoramento de plans de xestión e concienciación do sector mediante a recollida e análise de datos e a vixilancia dos recursos.
A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no o Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que vai contribuír o fomento dunha pesca sustentable e á conservación e recuperación dos recursos mariños.
O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, unido a protección dos ecosistemas e hábitats costeiros.
Mediante a realización deste proxecto esperamos acadar resultados e indicadores sobre o estado dos recursos e dos hábitats explotados, que contribuirán a mellorar a xestión e planificación da produción, reforzando as actividades pesqueiras para que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.
Este proxecto permitirá reducir os impactos negativos, contribuíndo aos impactos positivos sobre o ambiente, e contribuír ao bo estado ambiental, coa súa finalidade última de mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros da frota pesqueira artesanal garantindo a actividade a longo prazo con medidas de xestión pesqueira baseadas en sistemas de recollida de información sobre o estado dos recursos que melloren o seu coñecemento.
PROXECTO DE XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL (PE209P_2023_027)
- Data de inicio: 01/07/2023
- Data de finalización: 30/06/2024
- Importe total concedido para o proxecto: 43.137,60 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA (70%) e Xunta de Galicia (30%)
O polbo da Ría será o primeiro produto que ofreza a Lonxa
A Lonxa de Canido retoma a actividade coa venda do Polbo da Ría, produto estrela dos barcos da Confraría que traballan na zona.
O Polbo de Canido será vendido a restaurantes, empresas transformadoras e particulares. A idea é poñer en valor un produto de cercanía, Km cero e de gran calidade e frescura, ademais de coñecer directamente ás persoas que o pescan. Unha pesca artesanal comprometida co presente e futuro da nosa ría, unha pesca sustentable.
Se estás interesado/a en comprar polbo podes contactar con nós a través da páxina da Lonxa de Canido: https://lonxadecanido.org/ ou no Whatsapp 698 197 501
Compartimos o vídeo de Artes Menores que fixemos cun dos barcos que pescan o polbo en Canido. Agardámosvos!
Proxecto para equipos de movemento de cargas no Porto de Canido, solicitado segunda a Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
Mediante a realización deste proxecto dotamos o porto de Canido de 2 traspaletas para o movemento de cargas durante as actividades pesqueiras, mellorando a seguridade e condicións de traballo das persoas mariscadores e pescadores que empregan o porto. Este equipamento completa a dotación básica da nova Lonxa de Canido, mellorando a seguridade e condicións de traballo, o que vai permitir acadar unha actividade pesqueira máis sustentable e economicamente rendible.
PROXECTO DE EQUIPOS DE MOVEMENTO DE CARGAS NO PORTO DE CANIDO (PE209G-2022/53)
- Data de inicio: 19/07/2022
- Data de finalización: 01/12/2022
- Importe total concedido para o proxecto: 4.270,00 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
Proxecto para o equipamento da nova Lonxa de Canido, solicitado segunda a Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP)
Mediante a realización deste proxecto dotamos a Lonxa de Canido dunha cámara frigorífica para almacenamento dos produtos procedentes da pesca, un equipo de pesaxe e una maquina produtora de xeo. Este equipamento vai permitir o almacenamento temporal dos produtos dende o desembarco ata o momento da venda na mesma lonxa ou ata que se realice o transporte a outro centro de venda autorizado. Permite igualmente almacenar os produtos en caso de recollida por non completarse a primeira venda no mesmo día.O equipo de pesaxe vai permitir o control das capturas realizadas polos profesionais da pesca. O proceso de control e rexistro das descargas en lonxa é obrigatorio e vai garantir a correcta rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e do marisqueo.
Unha vez realizado completado o proxecto disporemos dunha lonxa mellor equipada que permite a acadar unha mellora da calidade e do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca. A mellora da calidade e do incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros asegura a viabilidade do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego e insire no territorio tanto espacial como socialmente.
PROXECTO DE EQUIPAMENTO DA LONXA DE CANIDO (PE209G-2022/51)
- Data de inicio: 19/07/2022
- Data de finalización: 01/12/2022
- Importe total concedido para o proxecto: 25.094,25 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
O proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo", forma parte do Plan MAR LIMPO da Consellería do Mar, e ten como obxectivo principal a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de lixos mariños coa participación do sector da pesca.
O proxecto desenvolveuse mediante accións de pesca de lixo activa por parte de embarcacións con mergulladores e mariscadores en diferentes bancos marisqueiros e zonas de pesca da marxe sur da Ría de Vigo, nomeadamente zona de A Manquiña, A Guía e Ríos. Ademais da propia recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o proxecto inclue accions de manexo, caracterización e tratamento do lixo mariño recollido e accions de formación e sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así como doutros axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral.
Mediante a realización deste proxecto logramos diminuír a cantidade de residuos mariños nas zonas de extracción de recursos mariños por parte de pescadores e mariscadores. Isto vai supoñer a eliminación de focos de contaminación, un aumento da superficie produtiva e unha mellora da calidade da auga e do substrato, o que vai repercutir directamente na recuperación da biodiversidade, incluídas as especies comerciais.
PROXECTO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO (PE209F-2022/04)
- Data de inicio: 01/09/2022
- Data de finalización: 15/10/2023
- Importe total concedido para o proxecto: 10.820,16 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.
O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.
Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos.
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.
PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2021-014)
- Data de inicio: 01/09/2022
- Data de finalización: 30/06/2023
- Importe da subvención: 8.000 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
Vimos de recibir a resolución das axudas ás Confrarias de Pescadores e Pescadoras da man da Deputación de Pontevedra.
Nesta ocasión solicitamos axuda para adquisicións varias que tiñamos pendentes e que son de gran importancia para a nosa organización, así como pequenas reparacións vinculadas á nosa Mariña Deportiva de Bouzas.
Entre os materiais que compramos con esta axuda detacamos a nova fotocopiadora, unhas cadeiras pregables que nos axudarán a complementar a zona de xuntanzas que temos no noso local social, e unha aplicación de sinaturas dixitais, que permite asinar documentos en remoto a socios e socias así como a clientes sen necesidade de ter certificado dixital, e que vén a completar o proceso de dixitaliación da Confraría.