Son recursos específicos aquelas especies marisqueiras que polas súas características biolóxicas, pola súa técnica de extracción ou polas especificidades da súa comercialización, requiren dun sistema de xestión específico.
A explotación destes recursos realízase a través de plans de xestión solicitados pola Confraría e aprobados pola consellería competente en materia de marisqueo.
Considéranse recursos específicos todas as especies extraídas mediante técnicas de mergullo en apnea ou con subministración de aire desde a superficie, pero tamén outras como o percebe, as algas ou os poliquetos que se extraen na zona intermareal con distintas técnicas.
A Confraría de Vigo conta con plans de xestión para os seguintes recursos específicos: navalla e longueirón, ourizo, algas, anemone, percebe e poliquetos.