Novas
O pasado luns comezamos a campaña da centola, a que estás agardando?? Vén á túa lonxa de confianza e goza con este manxar de deuses ou escribe un Whatsapp á Lonxa de Canido, e reserva a túa 698 197 501
Estamos finalizando o proxecto Amarre, financiado polo GALP Rías de VIgo- A Guarda, e queremos compartir con vós as 6 infografías que elaboramos para que as poidades usar, se fora do voso interese. As temáticas que escollimos teñen moita relación coas preocupacións que moven ao FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura): O lixo no mar, A sobrepesca, as Tallas mínimas, O cambio climático no mar, o Aforro enerxético e o Furtivismo. Agardamos que vos gusten e que sexan de utilidade!
Seguimos co proxecto Amarre financiado polo GALP Ría de Vigo A Guarda. Nesta ocasión achegamos un dos materiais de divulgacion que elaboramos orientados a barcos profesionais e deportivos. Agardamos que vos gusten, e que sigades os nosos consellos!
Esta semana, no marco do Proxecto Amarre, colocamos as torretas de servizo no pantalan, que nos permitiran controlar o gasto enerxético dos nosos usuarios de usuarias. Ademais, elaboramos unha pequena guía con recomendacións para a mellora e eficiencia enerxética que comezamos a compartir con elas e eles a través do whatsapp.
Seguimos traballando no proxecto AMARRE, e nesta ocasión achegamos o vídeo que elaboraron dende o GALP Ría de de VIgo- A Guarda para dar a coñecer o noso traballo. Bótalle un ollo!!
Comezada a crise dos pelets na nosa costa, a Confraría vén de informar aos seus socios e socias, en contacto diario co mar e o litoral, sobre o verquido coa finalidade de crear unha Rede de Vixiancia que permita saber a afectación da nosa ría, día a día.
Unha vez rematado o proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo 2022-23", como parte do Plan MAR LIMPO MAR VIVO da Consellería do Mar, presentamos este espectacular video documental da problemática e acción realizadas pola Confraría de Vigo para a eliminación do lixo marño. Rodado polo especialista cámara submariño M. Garci, recolle as xornadas de traballo nos bancos marisqueiros da Ría de Vigo e as accións realizadas no proxecto dende xuño de 2022 ata xuño de 2023 polos membros da confraría.
A Lonxa de Canido retoma a actividade coa venda do Polbo da Ría, produto estrela dos barcos da Confraría que traballan na zona.
O Polbo de Canido será vendido a restaurantes, empresas transformadoras e particulares. A idea é poñer en valor un produto de cercanía, Km cero e de gran calidade e frescura, ademais de coñecer directamente ás persoas que o pescan. Unha pesca artesanal comprometida co presente e futuro da nosa ría, unha pesca sustentable.
Se estás interesado/a en comprar polbo podes contactar con nós a través da páxina da Lonxa de Canido: https://lonxadecanido.org/ ou no noso Whatsapp 698 185 480
Compartimos o vídeo de Artes Menores que fixemos cun dos barcos que pescan o polbo en Canido. Agardámosvos!
No mes de setembro iniciamos o proceso renovación dos órganos de goberno nas Confrarías de Galicia. Despois das eleccións, e tras a proclamación definitiva dos cargos achegamos a nova composición dos órganos de goberno:
PATRÓN MAIOR: IAGO SOTO GARCÍA (Marisqueo a pé)
VICEPATRÓN PRIMEIRO: ROBERTO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ (Recursos Específicos)
VICEPATRÓN SEGUNDO: MISAEL GRACÍA DEL CAMPO (Recursos Específicos)
VOGAL CABIDO: FRANCISCO RODRÍGUEZ SOUSA (Marisqueo a pé)
VOGAL CABIDO: LUIS RODRIGUEZ SOUSA (Marisqueo a pé)
VOGAL CABIDO: BEGOÑA VIDAL RIAL (Recusrsos Específicos)
VOGAL CABIDO: ENRIQUE P. CRUCES ANDRÉ (Artes Menores)
VOGAL CABIDO: LUIS A. PEREIRA CABALEIRO (Recursos Especícos)
VOGAL CABIDO: ARÓN MAR AZOR S.L. (Artes Menores)
VOGAL XUNTA XERAL: MARIO NIETO ÁLVAREZ (Recursos Específicos)
VOGAL XUNTA XERAL: FERNANDO SANROMAN MONTENEGRO (Artes Menores)
VOGAL XUNTA XERAL: CORUXOMAR S.L. (Artes Menores)
VOGAL XUNTA XERAL: DIEGO BERMÚDEZ TRASANDE (Artes Menores)
VOGAL XUNTA XERAL: PESQUERA NUGOBA S.L. (Frota do Cerco)