AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Á CONFRARÍA
![](https://www.lonxasgalegas40.gal/vigo/sites/default/files/public/public%3A//noticias/cartel_deputacion.png)
A Confraría de Pescadores de Vigo, recibiu este ano de novo as Axudas que a Deputación de Pontevedra ofrece anualmente ás Confrarías da provincia. Neste ano 2021, as axudas están sendo utilizadas para a mellora da nosa Mariña Deportiva (arranxo de desperfectos por temporais, cambio de pavimento, e mantemento dos pilotes), así como á mellora da ergonomía nos postos de traballo na nosa oficina de atención aos socios e socias.